Fotografía de embarazo, recién nacido e familia na Mariña Lucense .

Garda con beleza o que hoxe che cambia a vida

Unha mirada sensible sobre a túa historia

Son Natalia Blanco, fotógrafa de familia especializada en recién nacido.

Acompáñote a gardar etapas que pasan moi rápido e que, co tempo, se converten en parte do máis valioso da túa historia.
Busco retratar con delicadeza o vínculo, a ternura e a beleza real de cada momento.

Imaxes honestas, serenas e cheas de emoción para que poidas volver a elas e sentir, unha vez máis, todo o que hoxe estás vivindo.

Se che gusta a miña mirada estás no lugar correcto, feliz de acompañarte.

 

Recién nacido

A sesión máís especial. Un momento irrepetible e fugaz do teu bebé que cambiará completamente en cuestión de dias desde o momento que nace.

Embarazo

A experiencia máis transformadora que podes vivir como muller. Nove meses de unha etapa increíble que se é moi corta se a comparamos con toda unha vida. Merece a pena ser recordada tal como se sentiu

Lactancia

Entre ti e eu. Chamo estas sesións asi porque é vínculo puro, algo especial entre ti e o teu bebé que dure o que dure será especial sempre.

Familia

Non importa a idade, sempre é un bo momento para gardar momentos cos teus fillos. 

Lembra todas as etapas da súa infancia en familia. Non lle poderás deixar mellor regalo

  • Seguimento do primeiro ano
  • Sesión de cumple
  • Familia en exterior etc.

Máis que unha sesión, unha experiencia cálida e coidada

Hola, son Natalia

Chámome Natalia e detrás desta cámara hai moito máis ca unha profesión: hai un soño feito realidade.
Ser nai transformou a miña vida e tamén a miña maneira de sentir a fotografía.
Agora miro os pequenos xestos, os vínculos e a tenrura cunha emoción distinta, máis profunda. Vexo como a maternidade me cambiou por dentro e vexo o meu neno medrar a pasos axigantados. Fágolle todas cantas fotos podo, pero tamén me gusta ter fotos xuntos, en familia. E sei que a él lle encantará ter ese tesouro cando nos xa non estemos.

Igual que o quero para min o quero para ti, que cada vez que vexas e eles vexan esas fotografías volvan atrás no tempño. E iso é precisamente o que intento deixar en cada imaxe que entrego.

¿Estás pensando en una sesión diferente?

Cóntame, estou desexando escoitarte.

Sesión de Nadal

Día da nai

Sesión en exterior

Palabras bonitas sobre esta experiencia

Que din as familias

Pedir cita para visitar el estudio

Rellena el siguiente formulario y en breve me pondré en contacto contigo.